Un só mestre, todas as materias
Unha visión completa da realidade do alumno permite crear un plan personalizado para progresar de maneira global como estudantes e como persoas.
Silleda · ESO e bacharelato
Exixencia e personalización.
Un só mestre para todas as materias. Grupos de ata 10 alumnos, de ESO e bacharelato, con informe mensual e mentoría no día a día.
Por que Ateneo Campelo
O mesmo mestre acompaña todas as materias e proxectos. Así hai unha visión global do alumno — fortalezas, debilidades e o que precisa cada semana — sen ter que contar a mesma historia a varias persoas.
O mestre coñece o desempeño en todas as materias e as preferencias de cada rapaz. Isto permite personalizar contidos e materias para reforzar o que máis custa.
Proxectos mentorizados ao longo do curso, con entregas trimestrais e anuais. Máis alá do reforzo educativo tradicional, teu fillo aprende competencias esenciais como: planificación do tempo, traballo en equipo e diferentes formas de comunicación.
Xuntar alumnos de varias idades favorece a cooperación e o crecemento persoal do alumnado, permitíndolles crear amizades sólidas nun entorno académico.
Total transparencia coas familias. Facemos un resumo mensual para que esteades ao tanto do que sucede na aula.
Como traballamos
Reforzo en todas as materias, seguimento individual e técnicas de estudo que se notan a longo prazo — non só «facer deberes».
Unha visión completa da realidade do alumno permite crear un plan personalizado para progresar de maneira global como estudantes e como persoas.
Limitar o grupo mixto a 10 persoas por hora, permite ao profesor centrarse en mellorar debilidades, potenciar fortalezas e aconsellar segundo a realidade de cada alumno.
Ademais da memorización, necesaria para superar os exames, cos proxectos educativos centrámonos en crear hábitos e habilidades imprescindibles para o futuro do teu fillo.
Terceiro curso en Silleda. Máis de 30 familias contentas.
Plans
Todos os plans inclúen informe mensual, mentoría, grupo de ata 10 e os proxectos do curso. Se non sabedes por onde empezar, falamos sen compromiso.
2 h / semana
75€/ mes
3 h / semana
100€/ mes
O máis elixido
5 h / semana
150€/ mes
+10 h / semana
250€/ mes
Tamén hai horas soltas a 15€/hora, sen plan mensual: pensadas para reforzo puntual, non como alternativa aos plans continuos.
O mestre
Rubén Campelo · fundador e mestre
No instituto non foi un bo estudante: se podía aprobar sen estudar, non estudaba. Na universidade iso deixoulle de funcionar, e a técnica de «leo, repito, escríboo no exame e esquézome» deixoulle ocos no que debería saber cando chegou ao mundo laboral.
Foi entón cando descubriu os métodos de estudo e o divertido que é aprender se o fas ben. Desexando que alguén lle tivera ensinado ese camiño antes, comezou a dar clases e atopou a súa vocación.
Hoxe, no terceiro curso en Silleda, identifícase co alumnado, enténdeo e ensínalle como lle tería gustado aprender a el. Para as familias, isto tradúcese en acompañamento claro, exixente e próximo.
Reseñas en Google
Valoracións reais en Google de nais, pais e alumnado.
«Excelente profesor. Las clases son claras y muy útiles. Han mejorado mucho el nivel de inglés. 100% recomendado.»
«Xenial! Súper recomendado, tanto profesional como personalmente moi atento e gran profe»
«Moi boa experiencia, gran profesor.»
«Muy contenta, el profesor muy atento!!!!»
Fala con nós
Chama, escribe ou pásate. Contámosche o plan que mellor encaixa — sen compromiso.